22/04/2010

Agarre do Punteiro

Unha vez que temos o punteiro ou flauta nas mans. ¿Cómo se colle?. Ca man esquerda na parte superior: O polgar no buraco traseiro, o indicador no primeiro buraco da parte frontal, o corazón no segundo e o anular no terceiro. O dedo meiniño da man esquerda non se usa. Da man dereita: o dedo pulgar ponse na parte traseira sen tapar ningín buraco, o indicador no cuarto buraco da parte superior, o corazón no quinto, o anular no sexto, e o meiniño no septimo e último.

Como a descripción é un tanto críptica, podes ver a seguinte foto onde se amosa a posición dos dedos.