01/11/2009

Escala Do Mayor



Escala Do Mayor

Para facer este primeiro exercicio, soio tes que ir levantando un dedo desde a posición de Si (grave) ata o Si (agudo). O paso do Si(agudo) o Do (agudo) non é tan sinxelo coma levantar un dedo, porque interveñen case que todo os dedos.

Procura que che saia limpo o canvio do Si(agudo) o Do(agudo).

Escala natural ascendente
Si
Do
Re
Mi
Fa
Sol
La
si
do

Unha vez que conseguiches facelo exercicio para arriba. Intentao ahora para abaixo. ¡Ollo co cambio!

Escala natural descendente
do
si
La
Sol
Fa
Mi
Re
Do
Si

A importancia do dedo meiniño

Se fixeches o exercizo sen apoiar mais dedos dos indicados no esquema, notarás que cando se fan as notas nas que non é necesario o uso da man dereita, o punteiro (ou flauta) non é estable nas nosas mans porque o unico dedo que usamos da man dereita é o pulgar.

Para solucionar esto apoiaremos o dedo meiniño da man dereita sen tapar o buraco (Si)para falicitar o agarre do punteiro. Cando facemos a escala para arriba, no paso do Mi ó Fa apoiamos o dedo meiniño, o cal estar apoiado namentres se fan as notas Fa, Sol, La e si (notas nas que non hai outro dedo da man dereita apoiado). Cando se fai a transición si-do agudo, o dedo meiniño xa non é necesario apoialo polo que se levanta.

Cando se fai a escala para abaixo as operacións fanse a inversa. No paso de do agudo a si apoiase o dedo. Segue apoiado nas notas si, La, Sol e Fa. No paso de Fa a Mi xa non é necesario a sua intervención. Segue sen apoiarse nas notas Mi, Re, Do e Si grave.

Recorda:

  • Utilizase o dedo meiniño como apoio cando na nota non intervén ningún outro dedo da man dereita.
  • Non se utiliza o dedo meiniño como apoio nas notas nas que interven outro dedo da man dereita. (Lóxico ¿non?)