22/04/2010

Agarre do Punteiro

Unha vez que temos o punteiro ou flauta nas mans. ¿Cómo se colle?. Ca man esquerda na parte superior: O polgar no buraco traseiro, o indicador no primeiro buraco da parte frontal, o corazón no segundo e o anular no terceiro. O dedo meiniño da man esquerda non se usa. Da man dereita: o dedo pulgar ponse na parte traseira sen tapar ningín buraco, o indicador no cuarto buraco da parte superior, o corazón no quinto, o anular no sexto, e o meiniño no septimo e último.

Como a descripción é un tanto críptica, podes ver a seguinte foto onde se amosa a posición dos dedos.

16/04/2010

Posible Programación - Nivel 1

  • Escala natural.
  • Escala menor.
  • Arpexos de re e do.
  • Paso polo do agudo.
  • Picados ascendentes e descendentes.
  • Batemento oclusivo e non oclusivo coa man dereita.
  • Mordentes ascendentes e descendentes, cunha nota de apoio.
  • Mordente descendente dende o Sol ata o Si, sen apoio.
  • Exercizos do 1 ó 4 de Cadernos da Gaita Galega (intervalos). Páxina 17, do 1 ó 4??
  • Pasocorredoiras do Choqueiro.

  • Lectura musical en Do en non en Re.
  • Tesitura.
  • Posicións das notas no punteiro.
  • A afinación do ronco e punteiro.
  • O tempero.
  • Picados, batementos e mordentes.
  • Afinación de dúas gaitas.